Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (SSS 633/2015).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social número 633/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Iglesias Garaboa José A. e outra, C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., acordouse citar Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas 15707, Santiago de Compostela, o día 22 de xullo de 2019 ás 10.00 horas, co fin de celebrar o acto de xuízo, ao cal poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada acudindo con todos os medios de proba de que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto de admisión desta e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza