Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2014/0010-0.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, polo presente anuncio notifícase á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador na orde social.

Infórmase de que dita resolución non esgota a vía administrativa e que a interesada lle asiste o dereito a formular recurso de alzada, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no tablón de edictos único (TEU), ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

O texto íntegro da resolución poderá consultarse nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Advírteselle que, de non interpoñer o recurso, terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Secretaría Xeral de Emprego, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Empresa

Domicilio/Localidade

Nº expediente Acta de infracción

Data da resolución

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Jorge Alberti Assa

A Coruña/A Coruña

RL 2014/0010-0 57616/2014/1/V

7 de febreiro de 2019

Artigo 5, números 1, 3, 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Artigo 50.4 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

25.000 €

ANEXO