Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30266

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019 pola que se convocan as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, e de acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a EGAP; e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega),

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. O persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios de edicións ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte do persoal responsable dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

1. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % da duración da actividade, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

e) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderán superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, na mixta, como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten ao desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade
Localidade

Datas e horario

Data e hora de exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC19127

A accesibilidade universal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 14.10.2019 ao 6.11.2019

12.11.2019

Ás 10.00 horas

FC19132

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 31.10.2019 ao 25.11.2019

28.11.2019

Ás 10.00 horas

FC19134

Nóminas e retribucións do persoal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 16.9.2019 ao 10.10.2019

15.10.2019

Ás 13.00 horas

FC19135

Novidades na regulación da contratación no sector público: aspectos prácticos

20

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

30 de setembro e 1, 2, 3, 7 e 8 de outubro, das 16.30 ás 20.00 horas

8.10.2019

Ás 19.00 horas

FC19135

Novidades na regulación da contratación no sector público: aspectos prácticos

20

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

18, 19, 20, 21, 25 e 26 de novembro, das 16.30 ás 20.00 horas

26.11.2019

Ás 19.00 horas

FC19137

Os convenios de colaboración e as encomendas de xestión nas administracións públicas

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 19.9.2019 ao 9.10.2019

14.10.2019

Ás 9.00 horas

FC19138

Transparencia e acceso á información pública

25

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

12, 14, 19, 21, 26 e 28 de novembro, das 16.30 ás 19.30 horas

28.11.2019

Ás 18.30 horas

FC19158

Regulación legal do acoso escolar (bullying)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 16.10.2019 ao 14.11.2019

19.11.2019

Ás 9.00 horas

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC19131

Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 20.9.2019 ao 21.10.2019

25.10.2019

Ás 10.00 horas

FC19139

Xestión de proxectos I+D+i no horizonte 2020

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 20.9.2019 ao 21.10.2019

25.10.2019

As 11.00 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC19128

Como traballar a educación emocional infantil

30

15

Aproveitamento

Psicólogos, pedagogos, persoal das escolas infantís, educadores/as ou auxiliares coidadores/as e outros profesionais relacionados coa educación infantil, máis aínda para aqueles que traballen con nenos en risco ou con necesidades especiais. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

17,19 e 24 de setembro, das 16.30 ás 20.30 horas.

26 de setembro, das 16.30 ás 19.30 horas

26.9.2019

Ás 18.30 horas

FC19130

Ética Publica. Os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

25, 26, 27 e 28 de novembro, das 16.30 ás 19.30 horas

28.11.2019

Ás 18.30 horas

FC19133

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.10.2019 ao 21.10.2019

25.10.2019

Ás 9.00 horas

FC19136

O acoso psicolóxico na contorna laboral

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

5, 6 e 13 de novembro, das 16.30 ás 20.30 horas

13.11.2019

Ás 19.30 horas

FC19140

Planificación e toma de decisións

25

16

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Telepresenza Santiago de Compostela

Do 12 ao 21 de novembro

21.11.2019

Ás 19.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC19129

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 25.10.2019 ao 18.11.2019

22.11.2019

Ás 13.00 horas

FC19161

Avanzado en comunicación e colaboración dixital. Enfoque e uso creativo das tecnoloxías dixitais

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 1.10.2019 ao 20.11.2019

25.11.2019

Ás 10.00 horas

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

FC19162

Soporte TIC do posto de traballo corporativo

30

30

Aproveitamento

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 30.9.2019 ao 30.10.2019

4.11.2019

Ás 11.00 horas

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

FC19125

Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria

15

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

16, 17 e 18 de setembro, das 16.00 ás 20.00 horas

18.9.2019

Ás 19.00 horas

FC19126

Condución segura

24

9

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

A Pastoriza (Lugo)

23 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

23.9.2019

Ás 19.00 horas

FC19126

Condución segura

24

9

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

A Pastoriza (Lugo)

24 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

24.9.2019

Das 19.00 horas

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

FC19159

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 23.9.2019 ao 11.10.2019

16.10.2019

Ás 11.00 horas

Consellería de Facenda

FC19142

Xestión electrónica de expedientes de contratación (Plation)

15

12

Aproveitamento

As actividades formativas dirixiranse ao persoal dos departamentos de contratación da Administración autonómica e entidades públicas instrumentais.

(Ver ficha)

Presencial

Santiago de Compostela

(Sala de cursos do Cixtec)

Do 28 ao 31 de outubro, das 16.30 ás 19.30 horas

31.10.2019

Ás 18.30 horas

FC19147

Estatística avanzada co software libre R

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 30.9.2019 ao 4.11.2019

8.11.2019

Ás 9.00 horas

Exame só en Santiago

FC19148

Procedemento sancionador e revisor da Administración tributaria

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 1.10.2019 ao 21.10.2019

25.10.2019

Ás 13.00 horas

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

FC19143

Os riscos ambientais. Xestión de emerxencias ambientais

40

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

17 e 24 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

1, 8, 22 e 29 de outubro, das 9.00 ás 14.00 horas

29.10.2019

Ás 12.00 horas

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Emprego)

FC19157

Requisitos legais das instalacións industriais

30

15

Aproveitamento

Persoal técnico do Issga e técnicos dos Servizos de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia

(Ver ficha)

Presencial

Santiago de Compostela Edificio Igape_Issga

19 e 20 de novembro, das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.00 horas

20.11.2019

Ás 16.00 horas

Consellería de Política Social

FC19144

Creatividade e comunicación para mellorar a atención dos/das usuarios/as

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

7, 8, 14 e 15 de outubro, das 9.00 ás 15.00 horas

15.10.2019

Ás 14.00 horas

FC19145

Os dereitos fundamentais na atención ás persoas en situación de vulnerabilidade social: evitar a discriminación, a aporofobia e o edadismo

30

16

Aproveitamento

Persoal empregado público da Administración autonómica, con preferencia do que participa na atención directa e/ou na xestión dos recursos e servizos dos sistemas públicos de protección social que atenden ás persoas e familias en situación de necesidade. Servizos Sociais (Consellería de Política Social), Vivenda (IGVS), Igualdade (SX Igualdade), Educación (Consellería de Educación), Sanidade (Sergas).

(Ver ficha)

Presencial

Santiago de Compostela

16, 17 e 18 de outubro, das 9.00 ás 14.30 horas

18.10.2019

Ás 13.30 horas

Consellería do Medio Rural

FC19077

Novidades da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais

50

12

Aproveitamento

Persoal técnico dos distritos forestais e do Servizo de Prevención de Incendios Forestais/Servizos centrais-axentes forestais, axentes facultativos medioambientais e axentes técnicos en xestión ambiental dos distritos forestais.

Teleformación

Do 2.10.2019 ao 10.10.2019

Do 4.11.2019 ao 12.11.2019

15.11.2019

Ás 12.00 horas

FC19151

Controis sobre o terreo das axudas forestais

25

15

Aproveitamento

Persoal técnico responsable deste tipo de controis (axentes forestais e persoal técnico dos distritos forestais, persoal técnico dos servizos provinciais de Montes de Prevención de Incendios Forestais e persoal técnico dos servizos centrais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Presencial

Santiago de Compostela

7, 8, 9, 10 e 14 de outubro, das 16.30 ás 19.30 horas

14.10.2019

Ás 18.30 horas

FC19152

Formación sobre sistemas de información xeográficos (GIS)

25

12

Aproveitamento

Persoal do Fogga: servizos centrais e servizos territoriais.

Presencial

Santiago de Compostela

7, 8, 9 e 10 de outubro, das 16.30 ás 19.30 horas

15.10.2019

Ás 17.30 horas

FC19153

SIX aplicado a superficies agrarias

25

20

Aproveitamento

Persoal da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria que realice funcións relacionadas coas materias propias do curso.

Presencial

Santiago de Compostela

9, 10, 11 e 12 de setembro, das 16.30 ás 20.00 horas.

17 e 18 de setembro, das 16.30 ás 19.30 horas

18.9.2019

Ás 18.30 horas

FC19154

Prevención de riscos nas inspeccións das industrias alimentarias

35

12

Aproveitamento

Persoal da Subdirección de Industrias e Calidade Agroalimentaria e dos servizos de Industrias e Calidade Agroalimentaria das xefaturas territoriais, así como persoal da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria que deba realizar visitas a instalacións de empresas alimentarias.

Presencial

Santiago de Compostela

4, 5, 6 e 7 de novembro, das 16.30 ás 19.30 horas

7.11.2019

Ás 18.30 horas

FC19155

Condución de vehículos todoterreo para o persoal SPDCIF

20

20

Aproveitamento

Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais, persoal técnico dos distritos forestais e dos servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), así como persoal laboral bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais condutores.

(Ver ficha)

Presencial

A Pastoriza (Lugo)

Do 4 ao 6 de novembro

6.11.2019

Ás 18.00 horas

FC19160

Especialización na loita contra as pragas forestais en Galicia

35

30

Aproveitamento

Técnicos dos distritos forestais, dos servizos provinciais e dos servizos centrais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Presencial

Santiago de Compostela

2, 3 e 16 de setembro, das 9.30 ás 14.30 horas.

12 de setembro, das 16.00 ás 20.00 horas.

9 e 17 de setembro realizaranse saídas ao campo,

25 de setembro, das 10.00 ás 11.00 horas

25.9.2019

Ás 10.00 horas

Consellería do Mar

FC19149

Tipos de artes e aparellos de pesca, finalidade e características

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

(Ver ficha)

Presencial

Santiago de Compostela

11, 18 e 25 de novembro, das 9.00 ás 14.00 horas

25.11.2019

Ás 13.00 horas

FC19150

Comercialización de recursos mariños e trazabilidade

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

(Ver ficha)

Presencial

Santiago de Compostela

14, 21 e 28 de outubro, das 9.00 ás 14.00 horas

28.10.2019

Ás 13.00 horas

FC19156

Acuicultura e medio ambiente

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

30 de setembro, das 16.30 ás 19.30 horas.

1, 7 e 8 de outubro, das 16.30 ás 20.30 horas

8.10.2019

Ás 19.30 horas

Consellería de Sanidade

FC19141

Prevención de riscos laborais para o persoal farmacéutico de inspección de saúde pública

15

6

Aproveitamento

Persoal farmacéutico inspector de saúde pública que presta servizos na Dirección Xeral de Saúde Pública

Presencial

Santiago de Compostela

18 de outubro, das 8.30 ás 14.30 horas

18.10.2019

Ás 14.00 horas

FC19141

Prevención de riscos laborais para o persoal farmacéutico de inspección de saúde pública

15

6

Aproveitamento

Persoal farmacéutico inspector de saúde pública que presta servizos na Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

22 de novembro, das 8.30 ás 14.30 horas

22.11.2019

Ás 14.00 horas

Convenios TIC-Amtega

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV19027

Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Aministración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teñan responsabilidades sobre servizos/información que se prestan ou están dispoñibles mediante as TIC.

Teleformación

Do 3.10.2019 ao 28.10.2019

4.11.2019

Ás 10.00 horas

CV19028

Sistemas para a contratación electrónica

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 16.10.2019 ao 12.11.2019

19.11.2019

Ás 12.00 horas

CV19046

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia. Rexel, sede electrónica e Notifica

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta

Santiago de Compostela

Do 16.9.2019 ao 20.9.2019.

Clases presenciais.

17 e 19 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas

Vigo

Do 21.10.2019 ao 25.10.2019.

Clases presenciais.

22 e 24 de outubro, das 12.00 ás 14.00 horas

Ferrol

Ourense

Do 23.9.2019 ao 27.9.2019.

Clases presenciais.

24 e 26 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas

CV19046

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia. Rexel, sede electrónica e Notifica

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta

Santiago de Compostela

Do 21.10.2019 ao 25.10.2019.

Clases presenciais.

22 e 24 de outubro, das 12.00 ás 14.00 horas

CV19046

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia. Rexel, sede electrónica e Notifica

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta

Lugo

Do 16.9.2019 ao 20.9.2019.

Clases presenciais.

17 e 19 de setembro, as 12.00 ás 14.00 horas

A Coruña

Pontevedra