Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de rectificación da oferta pública de emprego para o ano 2019.

Mediante o presente anuncio publícase a rectificación do erro existente na oferta de emprego público (OEP, en adiante) do Concello da Pontenova para o ano 2019, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 18 de marzo, en cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local.

Con data do 13 de maio de 2019 rectificouse un erro material da OEP, en virtude do indicado no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que regula a potestade da Administracións para rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

En virtude do exposto, indicase que se rectifica o erro material do Decreto 2019/0060, do 21 de febreiro, publicado no DOG núm. 54, do 18 de marzo de 2019 e, en consecuencia, substitúese o texto anterior onde di:

«Segundo. Aprobar a oferta de emprego público deste Concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Núm. vacantes

Denominación

Tipo de persoal

1

Arquitecto municipal

Funcionario interino

1

Operario de servizos múltiples

Laboral fixo

»

Debe dicir:

«Segundo. Aprobar a oferta de emprego público deste Concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Núm. vacantes

Denominación

Tipo de persoal

1

Arquitecto municipal

Funcionario interino/Comisión de servizos do titular da praza

1

Operario de servizos múltiples

Laboral fixo

»

A Pontenova, 4 de xuño de 2019

Darío Campos Conde
Alcalde presidente