Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30503

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019 pola que se convocan actividades de formación para persoal das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Ter a condición de persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., confirmada polo ente ao que estea adscrita a persoa solicitante das actividades formativas convocadas.

2. Tendo en conta o anterior, de ter máis solicitudes que prazas, aplicarase o criterio da orde de inscrición.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

c) As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % da duración da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

e) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderán superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, na mixta, como nos cursos que se impartan de xeito presencial.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e as entidades instrumentais colaboradoras poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e as entidades instrumentais colaboradoras reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e as entidades instrumentais colaboradoras garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código: CV19033.

Curso: a calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos.

1. Obxectivos.

O curso oriéntase a mellorar as destrezas lingüísticas da escritura en lingua galega co fin de potenciar a calidade na redacción e na estrutura dos textos, así como a súa eficacia comunicativa.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 20 horas.

Datas: do 1 ao 21 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 24 de outubro ás 10.00 horas.

Prazas: 33.

4. Contido.

Módulo I. Cuestións de redacción.

Introdución.

1. Pautas xerais para redactar documentos administrativos.

2. A redacción nas dúas linguas oficiais.

3. O proceso de escritura.

Módulo II. Cuestións gramaticais.

4. Cuestións gramaticais que ter en conta.

Módulo III. Cuestións ortotipográficas.

5. Os signos de puntuación.

6. Os tipos de letra.

7. O uso de maiúsculas e minúsculas.

8. As abreviaturas, expresións numéricas e expresión das normas.

Módulo IV. Léxico e outras cuestións.

9. Léxico: a escolla das palabras.

10. Os tratamentos de respecto e protocolarios.

11. A linguaxe non sexista.

12. Como se escriben os topónimos?.

Código: CV19034.

Curso: a elaboración dos pregos de cláusulas para a adxudicación de contratos públicos.

1. Obxectivos.

Aprender a aplicar correctamente os aspectos teórico-prácticos que afectan á elaboración dos pregos e instrucións para a adxudicación de contratos na administración pública.

Ensinar aos participantes a redactar e a elaborar pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas adecuadas ao réxime xurídico de contratación vixente con especial atención á xurisprudencia do TXUE e á doutrina do TACRC.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 30 horas.

Datas: do 28 de outubro ao 26 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 29 de novembro ás 13.00 horas.

Prazas: 33.

4. Contido.

1. Aspectos xerais da elaboración de pregos de cláusulas administrativas particulares.

2. Os pregos de compra pública estratéxica.

3. Procesos de negociación nos pregos de procedementos negociados.

4. Boas prácticas na elaboración de pregos de contratación de servizos.

5. Pregos de contratación centralizada.

6. Os pregos de prescricións técnicas particulares.

Código: CV19035.

Curso: a transparencia da Administración e bo goberno (normativa estatal e autonómica).

1. Obxectivos.

O curso abarca a análise en 5 módulos diferentes do réxime xurídico da normativa estatal que trata da transparencia e o acceso á información prevista na Lei de 2013. Ademais analízanse os instrumentos de acceso á información previstos na lei e nas recomendacións de transparencia internacional, aspectos conexos como o código de conduta profundamente relacionados coa ética pública e o comentario sistemático da nova Lei de transparencia de Galicia de 2016, cunha análise singularizada dos mandatos relativos ao bo goberno.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 25 horas.

Datas: do 14 de outubro ao 7 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de novembro ás 9.00 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

Módulo 1. A normativa estatal reguladora da transparencia e acceso a información.

Módulo 2. Os instrumentos de acceso á información que favorecen a transparencia pública.

Módulo 3. Os novos mecanismos de transparencia e información.

Módulo 4. A transparencia das administracións públicas de Galicia.

Módulo 5. O bo goberno nas administracións públicas de Galicia.

Código: CV19036.

Curso: aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010).

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecemento práctico avanzado na folla de cálculo Excel.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 50 horas.

Datas: do 3 de outubro ao 21 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 27 de novembro ás 11.00 horas.

Prazas: 34.

4. Contido.

1. Introdución ao traballo con Microsoft Office Excel.

2. Traballo con Excel, folla de datos e celas. Traballo con rangos.

3. Formataxe de follas de cálculo.

4. Fórmulas e funcións.

5. Inserción de imaxes e outros elementos gráficos.

6. Inserción de gráficos en Excel.

7. Traballo con datos.

8. Macros e modelos.

9. Configuración da folla e saída a impresión.

10. Utilidades de Excel.

Código: CV19037.

Curso: como deseñar presentacións eficaces.

1. Obxectivos.

Elaborar diapositivas para que as presentacións sexan máis eficaces, se recorden e se comprendan mellor. Deseñar eficazmente a presentación, coñecendo as distintas formas de usar o texto, incluír os elementos multimedia e utilizar os mellores gráficos e imaxes para comunicar datos.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 20 horas.

Datas: do 21 de outubro ao 8 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de novembro ás 10.00 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

Tema1. Morte por PowerPoint: Introdución. Presentar «sen diapositivas». Diapositivas en negro.

Tema 2. Propósito das presentacións: a importancia de ter claro o propósito da presentación.

Algúns propósitos dunha presentación. Un estilo para cada propósito.

Tema 3. Principios do deseño visual aplicado ás presentacións: O poder do deseño. Dispor os elementos: contraste, percorrido visual, xerarquía, unidade, aliñamento e proximidade.

Tema 4. Como manexar os elementos visuais: Fondo. Cor: o círculo cromático, esquemas de cor e como seleccionar as cores da presentación. Texto: regra dos 3 segundos, documentos ou diapositivas e tipografías.

Tema 5. Imaxes e gráficos. Efecto de superioridade das imaxes. Exemplos prácticos. Como manexar as imaxes. Onde poden obterse boas imaxes?. Como presentar gráficos e estatísticas.

Código: CV19038.

Curso: comunicación escrita e elaboración de informes.

1. Obxectivos.

Actualizar os coñecementos na elaboración da correspondencia escrita utilizando de forma correcta os termos e expresións e tendo en conta os novos soportes e a incidencia das novas tecnoloxías.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 20 horas.

Lugar e datas: Santiago de Compostela, sede da EGAP rúa Madrid nº 2-4, do 7 ao 14 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de novembro ás 19.30 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

– Clases e medios máis usuais en comunicación escrita.

– Características fundamentais da comunicación escrita.

– Elaboración de informes.

– As comunicacións internas.

– Como redactar as comunicacións internas.

– Tipos de comunicacións internas.

– Comunicación escrita para a realización de presentacións.

– Como facer comprensibles os datos estatísticos: claves para unha representación gráfica eficaz.

– As comunicacións a través da internet.

– As características do correo electrónico e a correcta elaboración de mensaxes.

Código: CV19039.

Curso: ferramentas e técnicas para falar mellor en público.

1. Obxectivos.

O curso analiza as técnicas básicas para mellorar as preparacións e execucións das intervencións en público de funcionarios e/ou persoal da administración, así como as intervencións en medios de comunicación (fundamentalmente audiovisuais).

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 15 horas.

Lugar e datas: Santiago de Compostela, sede da EGAP rúa Madrid nº 2-4, do 7 ao 16 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 16 de outubro ás 19.30 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

– Elaboración dos discursos.

– Ferramentas para controlar os nervios.

– Técnicas para ler e falar en público.

– Linguaxe xestual, corporal e oral.

– Funcionarios como prescritores da Administración pública.

Código: CV19040.

Curso: información e atención á cidadanía.

1. Obxectivos.

Comprensión das situacións no desenvolvemento do posto de traballo de atención ao público. Aplicación de técnicas para a resolución de situacións.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 25 horas.

Datas: do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2019.

Proba final presencial: o día 27 de novembro ás 10.00 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

– Relacións interpersoais. A intelixencia emocional, empatía.

– Clima, espazo e acollida. Estrés laboral e factores.

– Suposto de obxectividade, a imaxe negativa, crenzas e nesgos na percepción.

– Comunicación escrita e oral. Elementos da comunicación, regras, estilos e asertividade. A chamada telefónica.

– A escoita activa e técnicas de asertividade.

Código: CV19041.

Curso: iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos.

1. Obxectivos.

Capacitar os responsables de seguridade no tratamento de datos persoais para resolver a problemática diaria asociada ao seus postos de traballo no que se refire ao cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, xa sexa de tipo xurídico, organizativo e/ou tecnolóxico.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 20 horas.

Datas: do 1 ao 21 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 24 de outubro ás 11.00 horas.

Prazas: 35.

4. Contido.

Introdución e conceptos básicos sobre a Administración electrónica.

– Visión da Administración electrónica.

– Linguaxe e conceptos tecnolóxicos básicos na Administración electrónica.

Introdución e conceptos básicos sobre a seguridade de información.

– Uso de recursos informáticos e incidencias de seguridade.

Introdución e conceptos básicos sobre a protección de datos.

– Conceptos básicos e marco normativo.

– Principios da protección de datos persoais.

– Dereitos dos interesados.

Código: CV19042.

Curso: Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos.

1. Obxectivos.

Cumprir as exixencias derivadas do cumprimento da normativa vixente de formar os empregados públicos para que no exercicio diario das súas funcións coñezan e apliquen a normativa de protección de datos persoais.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 30 horas.

Datas: do 9 de setembro ao 9 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de outubro ás 11.00 horas.

Prazas: 33.

4. Contido.

I. Conceptos básicos e marco normativo.

II. Principais aspectos da normativa española e novidades do Regulamento europeo de protección de datos (regulamento UE 2016/679). Principios e dereitos de protección dos datos persoais.

III. Medidas de seguridade para a protección dos datos persoais.

Código: CV19043.

Curso: Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualizar os coñecementos sobre a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 20 horas.

Datas: do 1 ao 21 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 24 de outubro ás 9.00 horas.

Prazas: 26.

4. Contido.

Módulo 1: Cuestións xerais. Obxecto e finalidade da lei. Ámbito de aplicación. Principios da organización administrativa.

Réxime xurídico dos órganos colexiados.

Módulo 2: A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Módulo 3: A potestade regulamentaria da Administración e do Goberno de Galicia.

Módulo 4: As entidades instrumentais do sector público autonómico.

Código: CV19044.

Curso: Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

1. Obxectivos.

Presentar a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 25 horas.

Datas: do 16 de setembro ao 10 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de outubro ás 12.00 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

1 . A Lei 40/2015: introdución.

2 . Os órganos das administracións públicas. Os órganos colexiados.

3 . Principios da potestade sancionadora.

4 . A responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

5 . Funcionamento electrónico do sector público.

6 . Os convenios de colaboración.

7 . Relacións interadministrativas.

Código: CV19045.

Curso: os contratos do sector público.

1. Obxectivos.

O obxecto do curso é adquirir os coñecementos básicos e lograr o desenvolvemento das aptitudes e habilidades no manexo das institucións que son obxecto de estudo, facendo fincapé nos aspectos máis destacados da regulación legal da contratación pública.

2. Destinatarios/as.

Persoal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 30 horas.

Data: do 9 de setembro ao 9 de outubro de 2019.

Proba final presencial: o día 14 de outubro ás 10.00 horas.

Prazas: 39.

4. Contido.

Módulo 1. Introdución. Ámbito subxectivo da Lei de contratos do sector público. Partes do contrato.

Módulo 2. Adxudicación dos contratos.

Módulo 3. Efectos do contrato. Incumprimentos. Modificacións. Extinción dos contratos.

Módulo 4. Tipoloxía dos contratos (I). Obras, subministracións e servizos.

Módulo 5. Tipoloxía dos contratos (II). Concesión de obra pública. Concesión de servizos.

Módulo 6. Réxime de invalidez dos contratos. O recurso especial en materia de contratación.