Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30618

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de xuño de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais.

Adáptanse os postos de traballo aos corpos/escalas previstos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), así como ao establecido na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio).

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de xuño de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos termos que se sinalan no anexo a este, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

MA.O19.10.000.15001.001

Xefatura Área Provincial

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

– Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

MA.O19.10.000.27001.001

Xefatura Área Provincial

MA.O19.10.000.32001.001

Xefatura Área Provincial

MA.O19.10.000.36001.001

Xefatura Área Provincial

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de xuño de 2019, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf
RPT.pdf

Código - Descrición das formas de provisión

C Concurso

CE Concurso específico

LD Libre designación

Código - Descrición das titulacións académicas

2062 Lic./Grao Dereito

Código - Descrición das formacións específicas

168 Carné de conducir B1 (mérito).

500 Lic./Grao Dereito/Económicas/Empresariais (mérito).

501 Lic./Grao Dereito (mérito)

506 Lic./Grao en Económicas/Empresariais (mérito).

640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

954 Permiso conducir B (R.I.).

Código - Descrición dos corpos/escalas

EMA Especial (esc. Arquitectos Técnicos)

ESA Especial (esc. Arquitectos)

ESE1 Especial (esc. Enxeñeiros - esp. Enx. de Camiños, Canais e Portos)

XSL Xeral (escala Letrados)

Código - Descrición doutras administracións

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A12 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración Local.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Código - Descrición das áreas funcionais

CON Contratación

ECO Económica-Orzamentaria

INS Inspección

PER Persoal

XUR Técnico-Xurídica