Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30871

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

– Actividade. Encargar á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a xestión do inmoble sito no lugar do Outeiro, Poulo, Ordes, para destinalo a albergue de peregrinos, polo tempo que se manteña a cesión do uso a título gratuíto a favor da Axencia Turismo de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico que teñan a consideración de medios propios para os efectos previstos na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na lexislación de contratos do sector público, segundo os seus estatutos.

– Prazo de vixencia. A encomenda terá a mesma duración que a cesión do dereito de uso do citado inmoble polo concello de Ordes á Axencia Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia