A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de xuño de 2019, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado SUR-D/S-T3/AR S-T3 do PXOM (A Revolta), con reaxuste da súa delimitación, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (col. 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (col. 3877 COAG) e cuxa promotora é Parque Comercial A Revolta, S.L.
O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o enderezo.
O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello na seguinte ligazón:
http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla
Carballo, 18 de xuño de 2019
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde