Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (797/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 797/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Montero Alende contra Mármoles Alende, S.L., ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Manuel Montero Alende da súa demanda.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza