Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31318

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 553/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 553/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín contra Mármoles Alende, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 553/2017, seguidos por instancia de Patricia Alende Ferrín, asistida pola letrada Paula Carpintero Gamallo, contra a entidade Mármoles Alende, S.L.

Resolución.

Estímase a demanda presentada por instancia de Patricia Alende Ferrín contra a entidade Mármoles Alende, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.647,11 euros en concepto de salarios debidos, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado».

E para que sirva de notificación de sentenza ao representante legal de Mármoles Alende, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza