Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31261

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2019 pola que se convocan os cursos de formación práctica do persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional.

Segundo a exposición de motivos da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro), tendo en conta o incremento do número de prazas vacantes en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional que na actualidade se está a producir nos concellos galegos, resulta necesario crear, na mesma liña da normativa comparada doutras comunidades autónomas e dentro do respecto á autonomía local, unhas bolsas de persoal interino.

De acordo co artigo 5.7 da devandita orde e co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para formar parte das devanditas bolsas de persoal interino, ademais de superar a correspondente proba tipo test e de superar a proba de galego, as persoas interesadas terán que realizar un curso de formación práctica (CFP) baixo a modalidade de telefomación organizado pola EGAP sobre os contidos do temario que para cada subescala se relaciona no anexo desta orde.

Polo exposto,

RESOLVO:

Convocar tres cursos de formación práctica baixo a modalidade de telefomación organizados pola Dirección Xeral de Administración Local en colaboración coa Escola Galega de Administración pública (EGAP) sobre os contidos do temario que para cada subescala: Secretaría, categoría de entrada; Intervención-Tesouraría e Secretaría-Intervención, se relacionan no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Participarán nas accións formativas convocadas nesta resolución as persoas que superen a proba tipo test sobre os contidos do temario correspondente para cada subescala contido no anexo da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Requisitos para a realización do curso

1. As persoas que superaron as probas de selección aprobadas pola Dirección Xeral de Administración Local e publicadas no portal de servizos web Eido Local, terán que entrar na zona de matrícula da EGAP no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rexistrar unha conta para poderen acceder aos contidos formativos das actividades convocadas nesta resolución.

2. Una vez rexistrada esta conta poderán acceder á aula virtual onde se desenvolverá o curso a través do seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/aulavirtual.

3. As persoas solicitantes das actividades deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar ao cubrir os seus datos na zona de matrícula da EGAP e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 54 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O curso de formación ten que realizarse nas 3 semanas seguintes á publicación desta resolución, nas datas indicadas no anexo desta convocatoria.

Cuarta. Criterios de selección

Serán seleccionadas as persoas que superaron as probas de selección aprobadas pola Dirección Xeral de Administración Local e publicadas no portal de servizos web Eido Local, de acordo co artigo 5.7 da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado que superaron as probas de selección

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a relación de persoas seleccionadas a participar nos cursos.

Sexta. Seguimento das actividades e probas de avaliación

Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá aprobar as probas de avaliación que para os efectos estableza a titoría. As probas consistirán nun cuestionario tipo test en cada un dos módulos do curso. Os cuestionarios serán de dez preguntas e para superalos terán que responder correctamente ao 50 % das preguntas.

A realización e superación deste curso de formación práctica será imprescindible para formar parte das correspondentes bolsas de interinos para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sétima. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado das probas de avaliación.

Oitava. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. A EGAP Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

4. A EGAP e a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

• Código: CV19047.

Área de coñecemento: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

Nome do curso: Formación de persoal interino para subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada.

1. Obxectivos.

Ofrecer unha visión teórico-práctica das principais funcións dos interventores con habilitación nacional.

2. Destinatarios/as.

Bolsa de persoal interino que superaron as probas de selección.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 50 h.

Edicións: unha

Datas: do 4 ao 24 de xullo de 2019.

Prazas: 50

4. Contido.

Módulo I (10 horas).

Elaboración de orzamentos. A Orde EHA 3565/2008 do 3 de decembro pola que se establece a estrutura dos orzamentos nas entidades locais e a súa aplicación práctica.

Módulo II (10 horas)

Liquidación e conta xeral e os informes preceptivos. Informes de regra do gasto e estabilidade orzamentaria. As obrigas de subministración de información previstas na Lei 2/2012, de estabilidade orzamentaria, e a Orde HAP 2015/2012, do 1 de outubro.

Módulo III (10 horas).

Fiscalización das fases dos procedementos de contratación nas entidades locais (procedemento aberto, negociado, de emerxencia e contratos menores).

Módulo IV (5 horas).

Fiscalización das subvencións nas entidades locais.

Módulo V (5 horas).

Fiscalización en materia de persoal nas entidades locais: nóminas, contratos.

Módulo V (10 horas).

A recadación en período voluntario e executivo nas entidades locais.

• Código: CV19048.

Área de coñecemento: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

Nome do curso: Formación de persoal interino para subescala de secretaría-intervención.

1. Obxectivos.

Ofrecer unha visión teórico-práctica das principais funcións dos secretarios-interventores con habilitación nacional.

2. Destinatarios/as.

Bolsa de persoal interino que superaron as probas de selección.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 50 h.

Edicións: unha.

Datas: do 4 ao 24 de xullo de 2019.

Prazas: 50.

4. Contido.

Módulo I (10 horas).

Distribución de competencias entre os órganos das entidades locais. Funcionamento e réxime xurídico dos órganos colexiados das entidades locais: xunta de goberno local, pleno, comisións informativas. Os decretos de alcaldía. As certificacións dos acordos e as actas. Acceso a expedientes. Elaboración de ordenanzas e regulamentos. A lei de transparencia.

Módulo II (10 horas).

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación e a súa aplicación nas entidades locais (procedemento aberto, negociado, de emerxencia e contratos menores). Fiscalización das fases dos procedementos de contratación nas entidades locais.

Módulo III (10 horas).

A Lei do solo de Galicia 2/2016, do 10 de febreiro, e o seu regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro). Especial referencia á concesión de licenzas, ás comunicacións previas e á disciplina urbanística nas entidades locais.

Módulo IV (5 horas).

Réxime xurídico das subvencións nas entidades locais. Fiscalización das subvencións nas entidades locais.

Módulo V (2,5 horas).

As contratacións en materia de persoal. Fiscalización en materia de persoal nas entidades locais: nóminas, contratos.

Módulo VI (2,5 horas).

A responsabilidade patrimonial nas entidades locais.

Módulo VII (10 horas).

Elaboración de orzamentos. A Orde EHA 3565/2008, do 3 de decembro, pola que se establece a estructura dos orzamentos nas entidades locais e a súa aplicación práctica. Liquidación e conta xeral e os informes preceptivos. Informes de regra do gasto e estabilidade orzamentaria. As obrigas de subministración de información previstas na Lei 2/2012, de estabilidade orzamentaria, e a Orde HAP 2015/2012, do 1 de outubro. A recadación en período voluntario e executivo nas entidades locais.

• Código: CV19049.

Área de coñecemento: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

Nome do curso: Formación de persoal interino para subescala de secretaría, categoría entrada.

1. Obxectivos.

Ofrecer unha visión teórico-práctica das principais funcións dos secretarios con habilitación nacional.

2. Destinatarios/as.

Bolsa de persoal interino que superaron as probas de selección.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 50 h.

Edicións: unha.

Datas: do 4 ao 24 de xullo de 2019.

Prazas: 50

4. Contido.

Módulo I (10 horas).

Distribución de competencias entre os órganos das entidades locais. Funcionamento e réxime xurídico dos órganos colexiados das entidades locais: xunta de goberno local, pleno, comisións informativas. Os decretos de alcaldía. As certificacións dos acordos e as actas. Acceso a expedientes.

Módulo II (10 horas).

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación e a súa aplicación nas entidades locais (procedemento aberto, negociado, de emerxencia e contratos menores).

Módulo III (10 horas).

A Lei do solo de Galicia 2/2016, do 10 de febreiro, e o seu regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro). Especial referencia á concesión de licenzas, ás comunicacións previas e á disciplina urbanística nas entidades locais.

Módulo IV (5 horas).

Réxime xurídico das subvencións nas entidades locais.

Módulo V (5 horas).

As contratacións en materia de persoal.

Módulo VI (5 horas).

A responsabilidade patrimonial nas entidades locais.

Módulo VII (5 horas).

Elaboración de ordenanzas e regulamentos. A lei de transparencia.