Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Ventosa, nas parroquias de Moia e Rao, no concello de Navia de Suarna (Lugo) (expediente 2018/0222).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sobre o proxecto de ordenación forestal do MVMC de Ventosa, nas parroquias de Moia e Rao, no concello de Navia de Suarna (Lugo), promovido pola CMVMC de Ventosa.

O dito informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático