Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Baltar, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, na parroquia do Viso, do concello de Redondela.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 3 de xullo de 2018 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: O Viso.

Nome do monte: Baltar.

Cabida: 650 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36045A0048008040000WD.

Estremas:

Norte: estrada asfaltada chamada «camiño da Tomada».

Sur: intersección entre un muro de propiedades particulares e unha estrada asfaltada.

Leste: estrada asfaltada chamada «subida ao Cruceiro».

Oeste: predios particulares delimitados por un muro.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 18 de xuño de 2019

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor