Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32143

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de I+D polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade co disposto na Resolución reitoral do 30 de novembro de 2017 (DOG do 12 de decembro) pola que se aprobou a oferta pública de emprego (OEP) do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2017, esta Reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), do Goberno da Xunta de Galicia, resolveu convocar un proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, na categoría de técnicos superiores de I+D, con suxeición ás seguintes bases:

1. Normas xerais.

1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir sete (7) prazas con persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de I+D da Universidade de Vigo, grupo I, catro (4) pola quenda de acceso libre e tres (3) pola quenda de promoción interna; en caso de que estas últimas non se cubran, acumularanse ás da quenda de acceso libre.

1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas: acceso libre ou promoción interna. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídas das listas provisionais que se publiquen. De non emendaren o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídas. Se for o caso, as aclaracións ou correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

1.3. O sistema de selección será o de concurso-oposición, coas características que se indican no anexo I.

1.4. O programa que rexerá as probas relaciónase no anexo II.

1.5. A este proceso selectivo seralle aplicable a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP); a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG); o vixente II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, os estatutos da Universidade de Vigo e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.6. Os actos deste proceso que se deban publicar, agás cando a publicación se realice no DOG, terán como data de efectos a da súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria. Campus de Vigo). Todos eles publicaranse con efectos puramente informativos na seguinte páxina electrónica:
https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

1.7. Para os efectos de información e consultas, as persoas interesadas pódense dirixir por correo electrónico a consultapas@uvigo.es e por teléfono ao número 986 81 35 79.

2. Requisitos.

2.1. Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderán participar:

1) Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os/as seus/súas descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.

2) As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

As persoas aspirantes non residentes en España incluídas no número 1, así como as persoas estranxeiras incluídas no número 2, deberán xuntar á súa solicitude a documentación que acredite as condicións que se alegan.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade e sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión, ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, o título universitario de grao, licenciado ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título.

d) Ter aboadas as taxas por participación, agás o previsto nos numeros 5 e 6 da base 3.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía.

No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna estarán exentas de aboar as taxas por participación e deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e estar prestando servizos nela con carácter definitivo, en adscrición provisional ou noutra situación con dereito a reserva de praza.

b) Pertencer a unha categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo → Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.

Asignarase a cada instancia un número de referencia de identificación único. Unha vez cuberta a instancia, imprimiranse dous exemplares que deberán ser asinados pola persoa solicitante; segundo o lugar de presentación, un servirá de recibo para a persoa interesada e o outro deberase presentar perante o reitor da Universidade de Vigo, consonte se regula no punto seguinte.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria; Campus Universitario, 36310 Vigo), nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Unidade Administrativa), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderánse cursar a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, as persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán indicar na solicitude as posibles adaptacións de tempo e/ou medios que consideren necesarias para a realización das probas e o seu motivo; para este fin, deberase achegar coa solicitude un certificado que acredite a discapacidade, así como o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade; para estes efectos, o ditame médico deberá ser suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.

3.4. Os dereitos de participación serán de 42,24 euros e o pagamento, no cal deberán constar o nome, os apelidos e o DNI ou pasaporte da persoa interesada, poderase realizarar:

– Directamente nas oficinas de Abanca, indicando o código 1906.

– Mediante transferencia á conta ES49 2080 5000 6731 1022 5991; neste caso, o documento xustificativo deberase presentar obrigatoriamente xunto coa solicitude de participación.

A falta de aboamento destes dereitos durante o prazo de presentación de solicitudes non é rectificable e determinará a exclusión das persoas aspirantes.

3.5. Estarán exentas do pagamento desta taxa:

a) As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, achegando coa solicitude un ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego durante, polo menos, o mes anterior á data de publicación no DOG da convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

1) Que no prazo de que se trate non rexeitasen unha oferta de emprego adecuada nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional, datos que deberán ser certificados pola oficina do servizo público de emprego.

2) Que carezan de rendas superiores en cómputo mensual ao salario mínimo interprofesional, o que se acreditará mediante certificado da declaración presentada do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao último exercicio ou, se for o caso, certificado de nivel de renda.

c) As familias numerosas de categoría especial. Esta condición acreditarase mediante o correspondente título expedido dentro do ano anterior á data de publicación no DOG da convocatoria.

d) As vítimas de terrorismo, entendendo por tales as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante unha sentenza xudicial firme ou en virtude dunha resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

e) As vítimas de violencia de xénero a que fai referencia a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e os seus fillos ou fillas; para iso, deberán presentar a resolución xudicial que outorgue a orde de protección a prol da vítima, sentenza condenatoria, medida de cautela a prol da vítima ou calquera outra en que o órgano xudicial xulgue a existencia de calquera dos delitos ou faltas.

3.6. Terán dereito a unha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame as familias numerosas de categoría xeral, o cal deben acreditar consonte o establecido na base 3.5.c).

3.7. En ningún caso o pagamento da taxa ou a xustificación da concorrencia dalgunha das causas da súa exención ou bonificación suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

3.8. De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, para o cal a persoa interesada debe solicitar a devolución achegando os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Por tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión das probas selectivas por causa imputable á persoa interesada.

3.9. Coa solicitude achegarase unha relación dos méritos alegados para a fase de concurso xunto coa documentación xustificativa. Os méritos valoraranse por referencia á data de publicación desta convocatoria no DOG e non se valorarán os que non se presenten suficientemente acreditados nin os presentados fóra do prazo establecido para a inscrición no proceso selectivo. A acreditación farase do seguinte xeito:

a) A experiencia acreditarase mediante certificación orixinal expedida polo órgano ou unidade competente en materia de persoal; no caso de servizos prestados na Universidade de Vigo, a certificación expedirase de oficio tras a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e remitirase copia á persoa interesada.

b) A formación acreditarase mediante copia compulsada ou cotexada do título, diploma ou certificación correspondente en que consten todos os elementos necesarios para a valoración ou susceptibles dela.

c) De conformidade co establecido na base 6.8 da convocatoria, copia compulsada ou cotexada do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na dita base.

d) De conformidade co establecido na base 6.9, copia compulsada ou cotexada do diploma de español de nivel B2 (intermedio) ou superior ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na dita base.

3.10. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e unicamente poderán demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.2; transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Reitoría da Universidade de Vigo ditará unha resolución que se publicará no DOG, aprobando a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, indicando o lugar en que se atope exposta ao público a lista completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, co nome, apelidos e número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión, de ser o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

4.3. A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou corrección entenderanse implícita na resolución da reitoría que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará igualmente no DOG.

4.4. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non implicará recoñecerlles ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos, de xeito que a constatación de que non os posúen, segundo o establecido na base oitava, producirá o seu decaemento de todos os dereitos que puideran derivar da súa participación.

5. Tribunal.

5.1. A composición do tribunal cualificador destas probas publicarase xunto coa relación provisional indicada na base 4.1 e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Deberá actuar de acordo co disposto na LPACAP e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

5.2. As persoas que formen parte do tribunal deberanse abster de intervir, notificándoo ao reitor da universidade cando concorran nelas as circunstancias previstas no artigo 23 da LRXSP, cando realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria ou de teren colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores, de acordo co artigo 59.2 da LEPG.

A presidencia deberalles solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal ás persoas que actúen como persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os e as integrantes do tribunal cando concorra neles/as algunha das circunstancias sinaladas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da LRXSP.

5.3. A Reitoría publicará nos lugares indicados na base 1.6 a resolución pola cal se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán aqueles que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

5.4. Logo da convocatoria da presidencia, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente/a e o secretario/a ou, se é o caso, daqueles que os/as substitúa, e a metade, polo menos, dos seus membros.

5.5. Corresponderá ao tribunal a consideración, verificación e apreciación das incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos exercicios e adoptará ao respecto as decisións que coide pertinentes.

5.6. O tribunal poderá propor ao reitor a designación de asesores/as especialistas que se limitarán a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas e que deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á exixida nesta convocatoria. A súa designación publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.6 e seralles de aplicación o previsto en materia de abstención e recusación.

Así mesmo, cando o número de aspirantes o faga conveniente, poderá solicitar do reitor a designación de persoal colaborador.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base 3.3, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O tribunal cualificador adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos ante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e excluirá aquelas que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre calquera dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo de audiencia da persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao órgano que convoca ou, se é o caso, pór no seu coñecemento a posible concorrencia desta circunstancia, para que, logo das comprobacións necesarias, se resolva ao respecto.

5.9. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.10. Para os efectos de comunicacións, que se poderán dirixir polas canles sinaladas na base 1.7, o tribunal terá a súa sede Edificio Exeria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «Q», de conformidade coa Resolución da Consellería de Facenda, do 24 de xaneiro de 2019 (DOG do 5 de febreiro).

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, no cal acreditarán a súa identidade, e serán excluídas do proceso selectivo as que non comparezan. Deberán obedecer as instrucións do tribunal e, de ser o caso, do persoal colaborador para o seu correcto desenvolvemento; en caso contrario, poderán impedir ao aspirante a continuación do proceso. Contra este acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. A resolución final deste proceso selectivo ditarase antes de que transcorra un ano desde a publicación desta convocatoria no DOG. Para os efectos do cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.4. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberase realizar dentro dos cinco días hábiles seguintes ao do anuncio da data do exame, e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano que convoca aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente, tendo en conta, ademais do alegado, os dereitos das demais persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e ás necesidades e aos intereses da universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.5. O lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio publicaranse nos lugares previstos na base 1.6 cun mes de antelación, e non se realizará antes do 2 de novembro de 2019.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal no lugar ou lugares onde se realizase o anterior e, ademais, nos lugares indicados no parágrafo anterior, cunha antelación mínima de 48 horas á data sinalada para a súa iniciación.

6.6. En caso de que o tribunal acorde criterios de avaliación en desenvolvemento dos establecidos nesta convocatoria, publicaraos nos lugares previstos na base 1.6. Só se valorarán os méritos presentados en prazo e correctamente acreditados, sendo responsabilidade exclusiva de cada aspirante verificar a correspondente documentación.

6.7. Tras cada exercicio as persoas aspirantes poderán levar os cuestionarios e nas probas tipo test o tribunal publicará as respostas correctas no local onde tivesen lugar, así como na páxina electrónica indicada na base 1.6.

6.8. Estarán exentas de realizar o exercicio de coñecemento de lingua galega as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro). A relación de persoas exentas publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.6.

6.9. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira, agás os e as nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán, ben mediante a presentación dos diplomas e certificacións relacionados na base 3.9.d), ben mediante a superación dunha proba que se axustará ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro. A proba cualificarase como apto ou non apto e será necesario obter a cualificación de apto para poder realizar a fase de oposición.

7. Cualificacións.

7.1. O tribunal publicará as listaxes coas cualificacións das persoas aspirantes diferenciándoas segundo a quenda de acceso: promoción interna ou libre.

7.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa realización e nos previstos na base 1.6 a relación de persoas aspirantes que os superen, con indicación da puntuación obtida e do nome.

7.3. As persoas aspirantes disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da realización do primeiro exercicio, para presentaren reclamacións contra as preguntas. Así mesmo, disporán de idéntico prazo para reclamaren contra as puntuacións dese e dos restantes exercicios, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.4. Rematada a fase de oposición, o tribunal publicará a listaxe coa valoración provisional da fase de concurso, detallada para cada unha das epígrafes que se relacionan no anexo I, que irá acompañada da relación das persoas aspirantes que superen a fase de oposición, ordenadas pola puntuación final obtida, indicando a puntuación de cada exercicio. Disporase de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar reclamacións.

7.5. Resoltas as reclamacións, a presidencia do tribunal publicará as puntuacións definitivas da fase de concurso e elevará a relación coas persoas que superen o proceso selectivo, ordenadas consonte a puntuación final obtida e diferenciadas para cada unha das quendas de acceso. A continuación, a Reitoría ditará unha resolución poñendo fin ao proceso selectivo.

7.6. A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas en ambas as dúas fases. No suposto de empate, acudirase por orde aos seguintes criterios:

a) Puntuación obtida no conxunto da fase de oposición.

b) Puntuación obtida en cada un dos exercicios pola seguinte orde: segundo, primeiro e terceiro.

c) Puntuación obtida no conxunto da fase de concurso.

d) Puntuación obtida en cada unha das epígrafes da fase de concurso na orde en que se relacionan no anexo.

e) Sorteo entre as persoas implicadas.

7.7. A elección de destinos realizarase considerando a orde das persoas aspirantes na proposta de adxudicación e o seu pedimento, tendo preferencia, en todo caso, as persoas candidatas pola quenda de promoción interna.

7.8. Finalizado o proceso selectivo, para os efectos de configurar unha lista de espera para atender as necesidades de persoal que poidan xurdir, o tribunal valorará os méritos da fase de concurso e elevará ao reitor unha lista ordenada daqueles aspirantes que, sen teren superado as correspondentes probas selectivas, superasen, cando menos, un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.

8. Presentación de documentos e formalización do contrato.

8.1. A partir do día seguinte ao da publicación indicada na base 7.5, as persoas propostas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentaren no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada ou cotexada do documento nacional de identidade; as persoas aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten as condicións alegadas, consonte a base 2.a).

b) Fotocopia compulsada ou cotexada do título académico ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que capacitan para a obtención do título, xuntando o resgardo xustificativo de ter aboado os dereitos para a expedición do título; no caso de titulación obtida no estranxeiro, presentarase credencial da súa homologación ou equivalencia.

c) Declaración xurada ou promesa relativa ao establecido na alínea f) da base segunda. Poderase utilizar o modelo que figura no anexo III.

d) Informe do servizo público de saúde acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións. Quen fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade, deberá acreditar a súa compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

8.2. Quen participase pola quenda de promoción interna só debera presentar o documento indicado na alínea b) da epígrafe anterior; quen teña a condición de empregado/a público/a en servizo activo e a acredite neste prazo, estará exento de presentar o documento indicado na alínea c).

8.3. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos, as persoas aspirantes formalizarán un contrato de traballo no cal se estalecerá un período de proba de tres (3) meses, transcorrido o cal, e de telo superado satisfactoriamente, adquirirán a condición de persoal laboral fixo.

Estará exento do período de proba quen veña desempeñado a mesma categoría e funcións na Universidade de Vigo por un período igual ou superior ao que corresponda.

8.4. Se, dentro do prazo fixado, agás nos casos de forza maior libremente apreciados, non se presenta a documentación ou do seu exame se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial.

Neste caso ou no de non superar o período de proba, o posto adxudicaráselle á seguinte persoa candidata.

9. Norma derradeira.

9.1. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo, e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria, as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza desta convocatoria. Non obstante, e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non o faceren, serán excluídas do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao dito tratamento e a solicitar, agás en casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderanse exercer mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP, e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus Universitario das Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información:
https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, poden dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos do responsable: Ana Garriga Domínguez. Facultade de Dereito. Campus Universitario das Lagoas, s/n, 32004 Ourense (España); 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal.

Tamén poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

9.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Proceso selectivo

A. Fase de oposición.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas expresas que figuran no anexo II e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan no momento da súa derrogación parcial ou total, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio.

Non se permitirá o uso de ningún tipo de dispositivo, material nin recurso en ningún formato.

A oposición estará formada polos seguintes exercicios:

Primeiro. De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 120 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.

O tempo de realización será de 130 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O exercicio incluirá 8 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

Segundo. De carácter práctico, escrito e eliminatorio, consistirá en resolver dous ou varios supostos prácticos, relativos á primeira parte do programa, dos cales como mínimo un se redactará en inglés.

Disporase de 180 minutos. Valoraranse os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición.

Terceiro. De carácter teórico, escrito e non eliminatorio. Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna. Estará composto por dúas probas:

a) Coñecementos de lingua galega. Estarán exentas de realizala as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre que acrediten estar en posesión do Celga 4, nos termos previstos nas bases da convocatoria e neste caso serán cualificados con 4 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:

1ª. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con 4 respostas alternativas das cales só unha será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

Disporase de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

2ª. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista co examinador, en que debe resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

b) Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

O tempo máximo de realización será de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 6 puntos.

Cualificación dos exercicios.

Promoción interna:

Primeiro exercicio. Cualificarase cun máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo.

Segundo exercicio. Cualificarase cun máximo de 45 puntos, sendo necesario obter 22,5 puntos para superalo.

Acceso xeral libre:

Primeiro exercicio. Cualificarase cun máximo de 35 puntos, sendo necesario obter 17,5 puntos para superalo.

Segundo exercicio. Cualificarase cun máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo.

B. Fase de concurso.

I. Promoción interna.

1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ao exixido pola convocatoria ou afíns; neste último caso, deberase achegar o programa académico indicando a duración das disciplinas.

Duración

Puntuación

De 30 horas a 99 horas

1 punto

De100 horas a 249 horas

2 puntos

De 250 horas a 499 horas

3 puntos

Igual ou superior a 500 horas

4 puntos

Os cursos cunha duración menor de 30 horas non se tomarán en consideración agás que a suma deles sexa igual ou superior a 30 horas, e recibirase polo conxunto un máximo de 1 punto.

Considerarase que a formación está directamente relacionada coa categoría se o seu contido se refire directamente aos temas que configuran o programa (anexo II), consideración que recibirán os cursos de galego.

De acreditar máis dun nivel de coñecemento, valorarase unicamente o curso de superior nivel. No caso dos cursos de galego, só se valorarán os de nivel superior ao exixido na convocatoria: Celga 5 e os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega.

II. Acceso libre.

1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,1191 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de 5 puntos. Valorarase na mesma forma establecida para os candidatos por promoción interna.

ANEXO II

Programa

• Primeira parte - Temario específico.

1. Lexislación autonómica, estatal e europea en materia de investigación, innovación e transferencia.

2. Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I; II, III, V, VI, VII, VIII, IX e X.

3. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar; títulos I, II e III.

4. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; capítulos I e II do título I, título II e capítulos I e II do título IV. II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19.

5. Estratexia española de ciencia, tecnoloxía e innovación. Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020.

6. Sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación. Organismos, entidades e estruturas de planificación, articulación, coordinación e xestión. Axentes do contorno científico, tecnolóxico e innovador a nivel estatal.

7. Programas estatais de financiamento da I+D+i: instrumentos, estrutura, obxectivos e financiamento.

8. Estratexia de especialización intelixente de Galicia. O programa Galicia Innova 2020.

9. Sistema galego de innovación. Organismos, entidades e estruturas de coordinación, planificación e xestión. Axentes do contorno científico, tecnolóxico e innovador de Galicia.

10. Programas públicos de financiamento da I+D+i en Galicia. Instrumentos, obxectivos, estrutura, financiamento.

11. Política e estratexia europea de investigación, desenvolvemento e innovación. Espazo europeo de investigación. Unión pola Innovación. Organismos, axencias e unidades de planificación, articulación, coordinación e xestión.

12. Programa marco de I+D+i: Horizonte 2020: estrutura, instrumentos, condicións xerais, modalidades de participación, financiamento.

13. Outros programas europeos e internacionais de apoio á investigación, innovación e transferencia. Cooperación territorial europea: programas obxectivos, financiamento. Marcos de colaboración con terceiros países.

14. Perspectivas cara ao novo programa marco da Unión Europea Horizonte Europa (2021-2027). Estrutura, obxectivos, financiamento e novo enfoque orientado a misións.

15. Estratexia de recursos humanos de investigación. Carta e código europeo para o persoal investigador. O selo de calidade europeo HR Excellence in Research. Estratexia da Universidade de Vigo e plan de acción.

16. Medición da actividade de I+D+i e análise dos sistemas nacionais de I+D+i. Manual de Frascati e Manual de Oslo. Indicadores do sistema español de ciencia, tecnoloxía e Innovación.

17. Principais enquisas e catálogos da actividade investigadora e de transferencia do sistema universitario. Enquisas, informes e clasificacións de ámbito estatal e internacional.

18. As normas da serie UNE 166000 como ferramentas para a optimización dos procesos de I+D na empresa e como marco de referencia para a innovación.

19. Transferencia de coñecemento. Conceptos básicos. Mecanismos e etapas no proceso de transferencia. As actuacións de transferencia previstas no novo sexenio de transferencia. O intercambio de coñecemento nos eidos humanístico, social e artístico.

20. Estruturas de interface e de xestión da I+D+i e a transferencia nas universidades. As oficinas de transferencia de resultados da investigación (OTRI): misión, obxectivos, funcións. Principais asociacións e redes nacionais e europeas de transferencia de centros de investigación e universidades.

21. Fomento da cultura científica, a tecnoloxía e a innovación. Unidades de cultura científica. Programas para a promoción da cultura científica de ámbito estatal e internacional. Plan de divulgación científica da Universidade de Vigo: obxectivos e accións.

22. Investigación e innovación responsables. Marco normativo, ferramentas, boas prácticas. As cuestións éticas na actividade de I+D+i.

23. Acceso aberto aos resultados de investigación. O concepto de ciencia aberta. Estratexia, requirimentos e situación actual nos plans de I+D+i galego, estatal e europeo.

24. O concepto de innovación aberta. Situación actual e estratexias estatal e europea. Iniciativas e programas para o fomento da innovación aberta.

25. Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva: información científica e tecnolóxica. Bases de datos documentais.

26. Fiscalidade da I+D+i. Deducións sobre a actividade investigadora e innovadora. Certificación de proxectos de I+D+i. Mecenado da I+D. Réxime de IVE aplicable na I+D+i.

27. Instrumentos de fomento da innovación: compra pública innovadora. Programas e convocatorias autonómicas, nacionais e internacionais.

28. Instrumentos de fomento da innovación: Industria 4.0: prioridades. Axenda de Galicia para Industria 4.0. A figura dos hubs de innovación dixital e as súas perspectivas en Galicia.

29. Organización e estruturación dos recursos e infraestruturas de I+D+i na Universidade de Vigo. Os centros e as unidades de I+D+i. Estruturas administrativas e de xestión da I+D+i e a transferencia.

30. Oferta de capacidades de I+D+i e de resultados da Universidade de Vigo. Ferramentas e instrumentos para a súa xestión.

31. Avaliación da actividade de I+D+i: a produción de investigación e a produción de transferencia na Universidade de Vigo. Indicadores de actividade de I+D+i.

32. Lexislación relativa á contratación da I+D+i. Artigo 83 da Lei orgánica de universidades. Normativa da Universidade de Vigo. Tipoloxía de actividades contratadas de I+D.

33. I+D+i baixo contrato na Universidade de Vigo. Modelos de contratos: estrutura, cláusulas, dereitos de propiedade industrial, orzamento.

34. I+D+i colaborativa na Universidade de Vigo. Modelos de acordos colaborativos: estrutura, cláusulas, dereitos de propiedade industrial, orzamento.

35. Outros acordos de apoio a I+D+i e a transferencia. Acordos de confidencialidade, Acordos de transferencia de material. Clausulado, condicións específicas.

36. Preparación de propostas de actividades de I+D+i e transferencia. Parte técnica e parte económica. Conformación de consorcios e ferramentas de busca de socios. Enfoque cara aos criterios de avaliación dos proxectos.

37. Xestión de actividades de I+D+i e transferencia na Universidade de Vigo. Estruturas administrativas, coordinación, normativas, ferramentas e procesos.

38. Protección de resultados da investigación. Propiedade intelectual e industrial: modalidades. Marco lexislativo e normativo. As invencións universitarias.

39. Outras formas de protección de resultados de investigación con compoñente técnica e aplicación industrial. O secredo industrial como estratexia no ámbito universitario e empresarial.

40. Procedemento de solicitude, tramitación e concesión de patentes. Requisitos de patentabilidade. Documento de patente: estrutura e contidos. Bases de datos de patentes.

41. Sistema europeo e internacional de patentes. O Tratado de cooperación en materia de patentes (PCT). O Convenio europeo de patentes. A extensión das patentes nacionais.

42. Protección do software. Patentes implementadas en ordenador. Protección no Rexistro da Propiedade Intelectual. A explotación comercial dos programas de ordenador.

43. Normativa e xestión da propiedade industrial e intelectual da Universidade de Vigo. Asignación e cesión de dereitos. Acordos de cotitularidade. Pagamento de taxas e mantemento de patentes.

44. Valorización dos resultados da I+D+i e análises de potencial. Elaboración de plans de protección, explotación e difusión de resultados de I+D+i. Métodos de cálculo do valor dos resultados de investigación e ferramentas de avaliación.

45. Programas e fondos de maduración de resultados da investigación. Programas europeos, nacionais e autonómicos de proba de concepto.

46. O programa de proba de concepto da Xunta de Galicia: programa Ignicia. Obxectivos, destinatarios, financiamento. Balance e resultados obtidos nas convocatorias.

47. Actuacións de mercadotecnia e elaboración de material de promoción. Actividades de promoción e comercialización de resultados da I+D+i na Universidade de Vigo. Accións e canles de difusión e captación de oportunidades.

48. Negociación de contratos de licenza de propiedade industrial e intelectual. Modelos de contrato: cláusulas e regalías. O seguimento e a xestión dos acordos de licenciamento. Cesión da titularidade dos dereitos de propiedade industrial e intelectual.

49. Creación de empresas baseadas nos resultados de investigación nas universidades e organismos públicos de investigación. Marco lexislativo en España e Europa. Réxime xurídico do persoal ao servizo da Administración pública en España.

50. Creación de empresas baseadas na I+D+i na Universidade de Vigo. Normativa de creación de spin off. Proceso de participación da Universidade de Vigo no capital social das iniciativas empresariais.

51. Elaboración do plan de negocio: viabilidade técnica, comercial e financeira. Acordo de transferencia e pacto de socios: principais cláusulas para a negociación. Axudas da Universidade de Vigo para o impulso ás spin off.

52. Programas de axudas á creación e consolidación de empresas baseadas no coñecemento. O financiamento privado: capital risco e investidores privados.

53. Programas de aceleración e incubación de iniciativas empresariais. Mapa galego de aceleradoras.

• Segunda parte - Temario común acceso libre.

1. A Constitución de 1978: título preliminar e título I.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos I e II.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar I, II, III, IV e V.

4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar (agás subsección 2ª da sección 3ª do capítulo II) e título III.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I; capítulo I do título III; capítulo I do título IV; capítulo I do título V; capítulo I do título VI.

6. Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores: título I (agás capítulos IV e V) e título II.

7. II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

8. Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: título preliminar, título I, capítulo I do título II, capítulo I do título III, títulos VI e VIII, capítulo I do título IX e título X.

9. Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo.

10. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I a V.

ANEXO III

Declaración xurada/promesa

Don/a ...................................................................................................................................., con DNI/NIE/pasaporte ............................................ e nacionalidade ..................................,

DECLARA BAIXO XURAMENTO OU PROMETE para os efectos de ser contratado/a como persoal laboral pola Universidade de Vigo

� (cidadáns españois) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

� (cidadáns estranxeiros) Non estaren sometido/a a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

.............................................,

....... de

.................... de

201

(localidade)

(día)

(mes)

(ano)