Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a dúas resolucións.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución do 13 de xuño de 2019:

Instalación: planta de aluminio

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada (AAI)

Titular: Alcoa Inespal Coruña, S.L.U.

Número rexistro AAI 2005/0272_NAA/IPPC_169

Localización: concello da Coruña

Expediente 2019-IPPC-M-125

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución do 13 de xuño de 2019:

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio en Estramundi

Procedemento: modificación substancial e modificación non substancial da autorización ambiental integrada e texto refundido

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Número rexistro AAI 2007/0272_NAA/IPPC_222

Localización: concellos de Padrón e Rois

(A Coruña)

Expedientes: 2017-IPPC-M-57 e 2018-IPPC-M-79

Estas resolucións poderanse consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático