Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), mediante o programa de cooperación no marco do programa operativo EP-Interreg V A España Portugal, do contrato administrativo de servizo de redacción do plan director de saneamento de Noia (expediente OH.315.1162).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2.

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Noia (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: redacción do plan director de saneamento de Noia. Noia (A Coruña). Clave do expediente: OH.315.1162.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 166.736,28 euros. Importe total: 201.750,90 euros.

8. Valor estimado do contrato: 183.409,91 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe da eventual variación no número de unidades de execución indicado no cadro de características do contrato de conformidade co disposto no artigo 309.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

9. Prazo de execución do contrato: 10 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acórdase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía proposta para a realización dos traballos que se van executar (ponderación 37 %), melloras técnicas vinculadas á execución do servizo (ponderación 10 %) e organización dos traballos (ponderación 4 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 8 de maio de 2019.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 9.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 6 de xuño de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L.

14.2. NIF: B-85097962.

14.3. Enderezo: r/ Pérez Cepeda, 5-7, 15004 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 981 25 90 00.

14.6. Fax: 981 25 93 04.

14.7. Correo electrónico: valcon@eptisa.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto 116.715,00 euros. Importe total: 141.225,63 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 %, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020-Interreg V A España-Portugal.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe 3, Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais; obxectivo temático 6, Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6F, Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica; obxectivo específico O6F, Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación; categoría de intervención 021, Xestión e conservación da auga potable (incluída a xestión das bacías fluviais, subministración de auga, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, medición do consumo por zona e consumidor, sistemas de tarificación e redución de escapes; proxecto AquaMundam, Solucións para a xestión integrada sostible da auga no espazo POCTEP. Unha maneira de facer Europa.

17. Servizo de que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 8 de novembro de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 8 de maio de 2019.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 14 de xuño de 2019.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia