Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32469

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019 pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2019/20.

Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, para o curso 2019/20, resolvo anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2019/20.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019 (inclusive).

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e poderán presentala en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico
digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia