Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32448

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 183, do 26 de setembro).

Os artigos 10.2 e 13.6 da orde reguladora dispoñen que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.8 para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2016 de axentes de emprego e unidades de apoio en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (procedemento TR352B), ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contrata de axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro).

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Finalidade: TR352B. Contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2015 de axentes de emprego e unidades de apoio en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.8.

Entidade beneficiaria

Concedido (2017)

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

26.998,49

Asociación Autismo Ourense

26.753,24

Asociación Bata

26.753,24

Asociación Plataforma polo Emprego

26.998,49

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro-Cegasal

26.753,24

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

214.025,90

Cruz Vermella Española

99.468,13

Asociación para a Síndrome de Down-Down Vigo

53.506,47

Fademga Plena Inclusión Galicia

71.979,13

Federación Autismo Galicia

53.506,47

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

53.751,73

Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down-Down Galicia

206.985,58

Fundación Érguete-Integración

45.225,89

Fundación Paideia Galiza

45.471,14