Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32539

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 654/2017).

PO procedemento ordinario 654/2017

Sobre ordinario

Demandante: José Ignacio Ciguenza Gestoso

Avogado: Manuel Quintáns López

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Múñoz

Demandados: Mtsolutions Company, S.L., Sirtelco, S.L., Inforhouse, S.L., Xunta de Galicia, Fogasa

Avogados: Jesús Ángel Vázquez Forno, David Platero López de Turiso, letrado de la comunidad, letrado de Fogasa

Edicto

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 654/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ignacio Ciguenza Gestoso contra a empresa Mtsolutions Company, S.L., Sirtelco, S.L., Inforhouse, S.L., Xunta de Galicia, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decido

Tense a José Ignacio Ciguenza Gestoso por desistido da demanda que deu orixe ao presente procedemento contra Sirtelco, S.L., Inforhouse, S.L., e Xunta de Galicia, e decrétase o sobresemento e arquivamento do procedemento respecto das devanditas codemandadas.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por José Ignacio Ciguenza Gestoso contra Mtsolutions Company, S.L. debo condenar e condeno a Mtsolutions Company, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 1.391,82 euros brutos en concepto de salario de xullo de 2017 e liquidación de pagas extras e vacacións non gozadas, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede á súa condena nesta instancia, debendo estarse ao previsto nos artigos 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sirtelco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza