Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente relativo á adxudicación directa da parcela E do parque empresarial de Alvedro-Culleredo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio na Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: adxudicación directa da parcela E do parque empresarial de Alvedro-Culleredo (A Coruña).

NIF: B70501606.

Acto obxecto da notificación: Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se resolve a adxudicación da parcela E do parque empresarial de Alvedro-Culleredo (A Coruña) e incautación da garantía constituída.