Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións relativas a cambios de titularidade e recoñecemento a descoñecidos da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, na Oficina Comarcal de Infraestruturas Agrarias de Lalín sita en Lalín, rúa Polideportivo, nº 1, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (teléfono 886 15 94 52).

Pontevedra, 26 de xuño de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

CT-69

76801410V

Resolución cambio de titularidade

CT-74

L2853192

Resolución cambio de titularidade

CT-75

76823076V

Resolución cambio de titularidade

RD-61

76793550T

Resolución recoñecemento a descoñecidos