Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 473/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 473/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica María García Casas contra Papel y Lápiz Formación, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse en data 10 de xuño de 2019 sentenza cuxo fallo é do tenor literal seguinte:

«Fallo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mónica María García Casas, contra Papel y Lápiz Formación, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Papel y Lápiz Formación, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 4.295,60 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, así como compensación económica polas vacacións non gozadas, das que deberán descontarse 500 euros líquidos percibidos, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 e sinalar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Papel y Lápiz Formación, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza