Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2019/17-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Bernardo José Parajó Calvo, colexiado número 771 ICOIIG, en Vigo, o día 10.7.2018, con visado número 20182259 do 1.8.2018, e na súa addenda nº 1 asinada polo mesmo técnico, con data do 28.11.2018, con visado 20183521 do 3.12.2018.

Solicitante: Universidade de Vigo.

Domicilio: Campus Universitario As Lagoas, Marcosende, Ourense.

Denominación: LMTS, CS e transformación do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

Situación: concello de Ourense.

Caracteristicas técnicas:

– LMTS (modifica o punto de entronque actual) con E/S no centro de seccionamento (CS) proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 Al+H16, de 22 m de lonxitude a 20 kV, con orixe na LMT de UFD VLL802-As Lagoas e final no dito C.S.

– C.S substitución das celas actuais (expediente 1994/112) por 3 celas de liña en zona de seccionamento, máis remonte, protección e medida con illamento en corte en SF6.

– Orzamento execución material (proxecto+addenda): 30.180,09 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización da instalación de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto,

resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previas e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, no seu caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 14 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense