Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 206/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 206/2018 deste xulgado do social, seguido contra as empresas Transferencity Autos, S.L. e Gestokar Servicios Administrativos para Vehículos, e con intervención de Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de xuño de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número DSP 206/2018, en que son parte, como demandante, Laura Crespo Rodríguez, asistida polo letrado Daniel Pérez López, e, como demandadas, Transferencity Autos, S.L. e Gestokar Servicios Administrativos para Vehículos, que non compareceron malia estaren citadas en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non compareceu malia estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Laura Crespo Rodríguez contra a empresa Transferencity Autos, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 496,32 euros. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 45,12 euros/día.

Apróbase a desistencia respecto de Gestokar Servicios Administrativos para Vehículos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Transferencity Autos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza