Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (Biom000050_2019).

Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no DOG: artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: ignorancia do lugar de notificación.

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

Expediente: Biom000050_2019.

Datos catastrais da parcela: 15074A042002300000KE, localizada no lugar de Axeitos, Oleiros (Ribeira).

Identificación da persoa/entidade responsable e título polo cal é considerada como tal: Valentín Bretal Boo (DNI ---).

Título/procedencia dos datos: listaxe IBI. Descoñécense os datos de domicilio para efectos de notificación, polo que resulta necesario publicar no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia este aviso.

Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:

Vexetación accesoria de especies non permitidas. / Vexetación accesoria e pólas que invaden a vía pública e as propiedades lindeiras. / Árbores de especies non permitidas.

Informe emitido polo técnico municipal de Medio Ambiente do 7 de maio de 2019.

Concreta obriga incumprida co seu fundamento legal:

Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios aplican con carácter subsidiario en solo urbano.

Traballos que deberán realizar os titulares/responsables dos terreos:

Xestión de biomasa accesoria en toda a superficie do predio e retirada ou trituración dos restos. / Xestión de biomasa accesoria que invade a vía pública e as propiedades lindeiras, e retirada ou trituración dos restos. / Corta de árbores de especies non permitidas na rede secundaria: piñeiros, eucaliptos e acacias, e retirada dos restos.

Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento, ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e será de quince (15) días.

Apercibimento:

Apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, se procederá á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden: a) Aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural. / b) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa conforme o previsto nos artigos 21, 21 ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 31 de maio de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde en funcións