Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-parcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.
Denominación: LMT, CT e RBT NS 44139 Casa Castelao, Padrón (A Fonsagrada).
Situación: concello da Fonsagrada.
Características técnicas:
– Desmontaxe do seccionador XS do actual CTI Padrón 4160 instalado no apoio anterior ao CT.
– Desmontaxe da máquina actual do CT Padrón 4160, o apoio pasa ter a función de fin de liña, no cal se instalará o seccionador XS e o paso aéreo a soterrado para a liña soterrada de media tensión ao novo CT en edificio prefabricado.
– LMT soterrada con orixe no paso aéreo a soterrado e final no CT proxectado, cunha loxitude de 166 metros en condutor RHZ1-150.
– CT en edificio prefabricado, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección de trafo e unha de interruptor automático, cunha potencia máxima de 630 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e final na RBT existente cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RV-150.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 2 de xullo de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo