Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos actos administrativos ditados no procedemento do expediente BS210A LU-0000028479 e un máis.

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 do outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, notifícanse os actos administrativos de citacións emitidos nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes que se relacionan no anexo.

Emprázanse as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen a comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no centro base-rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación unha vez notificado, se concorre a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, transcorridos tres meses se producirá a caducidade do procedemento se se acordará o seu arquivamento, de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 20 de xuño de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000028479

34166514-Z

Citación BS210A

18.12.2017

LU-0000032352

48575900-S

Citación BS210A

24.4.2019