Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración que o afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da dita zona que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no edificio administrativo de servizos múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

32206608F

Resolución

Os Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II
(Oroso-A Coruña)