Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria relativa a varias prazas do corpo da policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 108, do 10 de xuño de 2019, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de maio de 2019, relativas á seguintes convocatoria:

– 10 prazas de policía do corpo da policía local (persoal funcionario de carreira, quenda mobilidade). Convocatoria específica 5/18.

– 12 prazas de oficial do corpo da policía local (persoal funcionario de carreira, quendas: 10 prazas por promoción interna e 2 por mobilidade). Convocatoria específica 6/18.

– 3 prazas de inspector do corpo da policía local (persoal funcionario de carreira, quendas: 2 prazas por promoción interna e 1 por mobilidade). Convocatoria específica 7/18.

– 1 praza de superintendente da policía local (persoal funcionario de carreira, quenda promoción interna). Convocatoria específica 8/18.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 131, do 12 de xullo de 2019, publicáronse as bases modificadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de maio de 2019, da seguinte convocatoria:

– 10 prazas de policía do corpo da policía local (persoal funcionario de carreira, quenda mobilidade). Convocatoria específica 5/18.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 12 de xullo de 2019

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior