Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de orde de execución de limpeza de predios por risco de incendio (expediente URB/39/2017 (375/2017).

Orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tentadas as notificacións que constan no seguinte expediente, na forma prevista nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectualas por causas non imputables a esta administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral das parcelas afectadas co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, e advertirlles de execución subsidiaria por conta do interesado conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución esta ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/39/2017 (375/2017)

Herdeiros de Carmen Blanco Lomba

36036A022006810000 QK

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 27 de xuño de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa