Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SSS 1097/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1097/2016, por instancia de Mutua Gallega contra Mercartabria, S.L.U. e outros, sobre seguridade social, en que se ditou auto de aclaración con data do 28 de xuño de 2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Procede a aclaración da Sentenza do 24 de xaneiro de 2019 e modifíquese o suplico da demanda, o cal quedará do teor literal seguinte:

“Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Javier López Servive, Mutua Asepeyo, Portugal Fish, S.L., Mutua Fremap, Mercantabria, S.L.U., Mutua Fraternidad, Norintegra, S.L., Mutua Universal Mugenat, Panadería Carral, S.L. e Maruxa Breijo Santiago e, en consecuencia, revógase a resolución do INSS do 20 de xullo de 2016 no relativo á responsabilidade de Mutua Gallega.

Declárase que a responsabilidade debe ser rateada da seguinte maneira:

Mutua Gallega 18,69 %, Mutua Fraternidad 47,04 %, Mutua Asepeyo 34,02 % e Mutua Fremap 0,26 %”.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O letrado da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Portugal Fish, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza