Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se resolven as alegacións presentadas con relación ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 12 de xullo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada polas ordes do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e do 24 de abril de 2019 (DOG núm. 79, do 25 de abril), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións recibidas.

Segundo. Publicar este acordo no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Teresa Carrera Babarro
Presidenta do tribunal