Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34044

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

ANUNCIO do 27 de xuño de 2019 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de avaliación colexiada, un posto de xefe/a do Servizo de Calidade e Relación co Usuario.

O director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a do Servizo de Calidade e Relación co Usuario.

Segundo. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na intranet da propia Fundación e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán presentarse dirixidas á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra), no rexistro da Fundación ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 27 de xuño de 2019

José Flores Arias
Director xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Calidade e Relación co Usuario.

Procedemento de provisión: avaliación colexiada.

Nº de vacantes: 1.