Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán por desistidos/as da súa petición.

Ourense, 2 de xullo de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 21639.

DNI/NIE /PAS: YB550396.

Último enderezo coñecido: rúa Vasco Díaz Tanco, nº 9, 2º B, 32005 Ourense.

Nº de expediente: 21890.

DNI/NIE/PAS: PW0312639.

Último enderezo coñecido: rúa do Toural, nº 1, 1º A, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).