Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34113

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se fai pública a hora, a data e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2019 o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado pola Orde do 18 de marzo de 2019 (DOG núm. 57, do 22 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a continuación se relacionan, que, de acordo ao establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

NIF

Cabarcos Rodríguez, María Mercedes

***5896**

Costoya Casas, María Carmen

***3473**

Chacón Abuín, María del Carmen

***3126**

Díaz Escolante, María Belén

***0945**

Gantes Castro, Álvaro

***9322**

Garayalde Ripollés, Ana Belén

***5416**

Gómez Crespo, Josefa

***4559**

González Rigueiro, Gloria

***2299**

Iglesias Vilariño, Consuelo

***8312**

Leal Pérez, María Carmen

***7234**

López Ruzo, Sonia

***7210**

Marqués de Freitas, Tony

***4122**

Paz Paz, Ana

***1933**

Quiroga Castro, José Camilo

***2290**

Rodríguez Costas, María

***2153**

Valencia Barro, Isabel

***3646**

Vázquez López, Ana María

***6149**

Villamil López, Julia

***3810**

Segundo. Este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 30 de xullo de 2019 en chamamento único ás 17.00 horas.

O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega. O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019

Trinidad García García
Presidenta do Tribunal