Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2019/72-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Xunta de Compensación do Polígono S.UR-ND-I-1.

Domicilio social: Álceme s/n, 36511 Rodeiro.

Denominación: LMT e CS polígono S.UR.ND.I -1.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor, de 1.835 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTA LAL811, anelando todo o polígono e facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado e nos CC.TT. 2 e 3. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas con envolvente metálica, situado no polígono S.UR.ND.I-1, Álceme, concello de Rodeiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministrcación e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 20 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra