Con data do 1 de xullo de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que se someten a información pública, ao abeiro do número 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, por un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os proxectos a que se refire este anuncio.
Durante o citado prazo, as persoas interesadas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.
A documentación completa de todos os proxectos de explotación a que se refire este anuncio estará á disposición de todas as persoas interesadas no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Anteproxectos_explotacion_Xullo_2019.html
O que se fai público para o seu coñecemento xeral.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade


