Por Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG do 5 de marzo), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019.
A Orde do 22 de abril de 2019 (DOG do 26 de abril) incrementou o importe destas axudas.
Reunida a comisión prevista no artigo 11 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 12 da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.
Segundo. Excluír a ANPA que figura no anexo II por non ser dun centro de educación especial.
Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 9 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2019, a seguinte documentación:
a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e a acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.
b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG do 5 de marzo), pola que se convocan as axudas para o ano 2019.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, esta orde poderase impugnar potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional
ANEXO I
CIF |
Confederación/federación/ANPA CEE |
Concello |
Importe (€) |
G15115165 |
Confapa (Confed. Galega ANPAS centros públi.) |
A Coruña |
8.399,23 |
G15098114 |
Congapa (Confederación Galega de ANPAS) |
A Coruña |
6.889,23 |
G70416557 |
Confederación ANPAS galegas |
Santiago de Compostela |
8.599,23 |
G15042617 |
Federación Provincial ANPAS Centros Públicos |
A Coruña |
5.205,00 |
G15089857 |
FAPA Federación Provincial de ANPAS Privados |
A Coruña |
1.665,00 |
G70366588 |
Federación Centros Públicos A Costa da Morte |
Carballo |
2.245,00 |
G27019140 |
Fapacel Federación Provincial ANPAS Centros Públicos |
Lugo |
2.865,00 |
G32009037 |
Federación Provincial ANPAS Centros Públicos As Burgas |
Ourense |
3.045,00 |
G36020311 |
Federación Provincial ANPAS Centros Públicos |
Pontevedra |
4.685,00 |
G70222195 |
Federación Centros Públicos Compostela |
Santiago de Compostela |
2.045,00 |
G15062839 |
Fecapa Federación Central de ANPAS |
Santiago de Compostela |
1.900,00 |
G36581841 |
Fesanpas Federación Estradense |
A Estrada |
1.180,00 |
G36743946 |
Foanpas Federacióbn ANPAS Olívica |
Vigo |
2.480,00 |
G36959658 |
Surgapa Federación ANPAS do Suroeste |
Vigo |
1.420,00 |
V36358497 |
Federación de ANPAS O Con |
Sanxenxo |
1.180,00 |
G36412039 |
Fanpo Federación de ANPAS O Condado-Paradanta |
Ponteareas |
1.440,00 |
V36822682 |
Federación de ANPAS do Val Miñor |
Gondomar |
1.320,00 |
G15543242 |
Federación de ANPAS de Ferrol |
Ferrol |
1.360,00 |
G15984990 |
ANPA CEE Ntra. Sra. del Rosario |
A Coruña |
925,00 |
G15747678 |
ANPA CEE Amicos |
Ribeira |
925,00 |
G27159425 |
ANPA CEE Santa María |
Lugo |
925,00 |
G32022774 |
ANPA CEE Miño |
Ourense |
925,00 |
V36130169 |
ANPA CEE Joaquina Sobrino |
A Guarda |
925,00 |
G36753895 |
ANPA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María |
Nigrán |
925,00 |
G36152262 |
ANPA CEE Santisímo Cristo del Amor Aceesca |
O Porriño |
925,00 |
G36180768 |
ANPA CEE Juan XIII |
Pontevedra |
925,00 |
G36630614 |
ANPA CEE A Menela |
Vigo |
925,00 |
G36812063 |
ANPA CEE Saladino Cortizo |
Vigo |
925,00 |
G36682102 |
ANPA CEE San Rafael |
Vigo |
925,00 |
G36131027 |
ANPA CEE de Vilagarcía de Arousa |
Vilagarcía de Arousa |
925,00 |
G15874290 |
ANPA Colegio Duques de Lugo |
Santiago de Compostela |
925,00 |
G15456908 |
ANPA A Barcia |
Santiago de Compostela |
925,00 |
G15412026 |
ANPA Terra de Ferrol |
Ferrol |
925,00 |
G32202798 |
ANPA CEE O Pino |
Ourense |
925,00 |
G70313804 |
ANPA CEE María Mariño |
A Coruña |
925,00 |
ANEXO II
Nome da ANPA |
Localidade |
Causa da exclusión |
ANPA Compañía de María |
A Coruña |
Non ser unha ANPA de educación especial |