Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o acordo de suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-LU-0032/2018-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan a suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-LU-0032/2018-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Celeiro, 11 de xullo de 2019

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0032/2018-PPM

32687601R

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

r/ López da Fonte, 23, 3º esq., Ferrol

PSC-LU-0086/2018-ORS

76408349A

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

r/ Ensino, 5, 1º esq., Cedeira

PSC-LU-0087/2018-ORS

76406515D

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

Montemeao, 9, San Román de Montoxo, Cedeira