Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que se notifican dous acordos declarativos da procedencia de reintegro de axudas do programa Emega 2016 (expediente SI429A 2016/681-0 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos declarativos da procedencia do reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse ante esta Secretaría Xeral da Igualdade recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente: SI429A 2016/681-0.

NIF da persoa interesada: 44083333S.

Último enderezo coñecido: rúa San Roque 3, baixo, 36001 Pontevedra.

Data do acordo: 12 de xuño de 2019.

Contido do acordo: declaración da procedencia do reintegro da axuda percibida (18.000 euros), máis o xuro de demora aplicable.

Feito que motiva o reintegro: incumprimento da obriga de acreditar a permanencia mínima da actividade empresarial e do mantemento do emprego de dous anos establecida no artigo 25.5 das bases reguladoras.

Expediente: SI429A 2016/858-0.

NIF da persoa interesada: 34986275D.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco Rodríguez Otero, 6, 3º esq., 15001 A Coruña.

Data do acordo: 12 de xuño de 2019.

Contido do acordo: declaración da procedencia do reintegro da axuda percibida (18.000 euros), máis o xuro de demora aplicable.

Feito que motiva o reintegro: incumprimento da obriga de acreditar a permanencia mínima da actividade empresarial e do mantemento do emprego de dous anos establecida no artigo 25.5 das bases reguladoras.