Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeume e ordenación detallada do sector URDI-2 Leche Celta, concello de Pontedeume (expediente 2019AAE2330; código 2200/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 9 de xullo de 2019, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeume e ordenación detallada do sector URDI-2 Leche Celta, no concello de Pontedeume.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático