Con data do 25 de xuño de 2019 ditouse acordo de iniciación no expediente sancionador de referencia seguido contra a persoa titular do NIF 76358468D (termo municipal de Dumbría) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.
Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícanselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia


