Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34578

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2019/20 (código de procedemento ED441B).

BDNS (Identif.): 466901.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.

Segundo. Obxecto

Convocar en réxime de concorrencia competitiva 140 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 238.000 €.

Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2019.

Santiago de Compostela,15 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Unidersidade e Formacion Profesional