Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Miñón, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2017/07), acto que terá lugar nas propias fincas segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 16 de xullo de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN408A 2017/07.
Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Miñón.
Concello: Vimianzo.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
61 |
A Pedra Chá |
Descoñecida |
5.9.2019 |
10.00 |
223 |
Seixos Brancos |
Descoñecida |
5.9.2019 |
10.15 |