Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35089

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de xuño de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal

Tribunal titular:

Presidencia: Manuel Francisco Marey Pérez, catedrático da área de proxectos de enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaría: Víctor Manuel Tubío Villar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Inés Santé Riveira, profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

– Marcos Barreiro González, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

– Enrique Luis Salvador Sánchez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Tribunal suplente:

Presidencia: Manuel Salgado Blanco, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

Secretaría: Ascensión Labella Lozano, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– María Teresa Jove Vidal, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

– Óscar Peña López, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

– Francisco de la Paz de la Paz, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.