Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35615

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 955/2018, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018, convoca probas selectivas para cubrir dúas (2) prazas de persoal laboral fixo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 responsable de mantemento.

– 1 técnico de operacións e servizos portuarios.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.com, na páxina web do organismo Puertos del Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 18 de xullo de 2019

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo