A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do día 19 de xullo de 2019, aprobou inicialmente o estudio de detalle do casco antigo do núcleo de Cervo (Lugo).
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado na Secretaría deste concello de Cervo.
Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.
A aprobación inicial do estudo de detalle leva consigo a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.
Cervo, 26 de xullo de 2019
Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde


