Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación dunha granxa de cría e ceba de porcos ata unha capacidade de 3.552 porcos de ceba no concello de Xinzo de Limia.

Conforme o disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) faise público que, polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por José Alvar Rivero y Otros, S.C., para solicitar a autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación citada no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. A documentación poderase consultar:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) en horario de atención ao público.

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
(https://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sustentabilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: José Alvar Rivero y Otros, S.C.

NIF: 32234874J.

Domicilio social: San Vitoiro de Ganade, 23.

Localización da instalación: Ganade, Xinzo de Limia.

Actividade: explotación de gando porcino en ciclo pechado con ceba completa.

Epígrafe da actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 9.3.b).

Categoría do proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 1.a).3º.

Descrición da actividade: a capacidade autorizada da explotación é de 315 reprodutoras. O obxectivo da ampliación é a construción dunha nave para a ceba de todos os porcos da granxa e así pechar o ciclo. A capacidade de ceba actual é de 1.200 porcos e tras a ampliación será de 3.552 porcos de ceba.

Verteduras: as augas do aseo e de limpeza enviaranse xunto co xurro á fosa externa actual e á proxectada. As augas pluviais infíltranse directamente no terreo.