Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican varios trámites de audiencia como consecuencia de varios recursos de alzada interpostos contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes, A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanselles ás persoa interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32421334M

Trámite de audiencia

Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña)

32747943Z

Trámite de audiencia

Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña)