Resolución da Alcaldía número 2019-0358, do 11 de xullo de 2019, do Concello da Lama, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade da praza vacante de técnico/a superior, encadrada no grupo A, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello (https://concellodalama.sedeelectronica.es) e, no taboleiro de anuncios, para maior difusión, e as bases íntegras na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.
A Lama, 11 de xullo de 2019
Jorge Canda Martínez
Alcalde